|
Benvidos á Web da Parroquia de Santa Mariña de Xinzo de Limia.
Benvidos a todos vós. Dende esta parroquia ourensana situada na vila de Xinzo de Limia, querémovos saudar e agradecervos a vosa visita a este sitio Web.
Esta páxina que agora estades a visitar, e que quere contar coa vosa atención polo menos un ratiño, pretende ser unha porta aberta a tóda-la Comunidade Parroquial, á propia Diocese de Ourense e a todos aqueles que queran coñecer esta terra e o traballo que dende aquí levamos a cabo.
Na nosa páxina Web, atoparedes algo do pasado desta Parroquia, parte indiscutible da súa historia recente, pero tamén queremos que sexa unha páxina viva na que procurar información recente e de actualidade.
Pretendemos darvos a coñecer o pouco que aquí intentamos facer, aportando o noso gran de area a esta tarefa de evanxelización.
Esperamos que vos guste e que sexa do voso interese.
Un saudo.
|